- Dime, que opinión che merece esta árbore.
- Uhm, como vivenda, por exemplo?
Por exemplo, póñoche a man na perna e aproximo os beizos ao teu pescozo mentras agardo as túas explicacións.
- Por exemplo, como vivenda de gnomos.
- Jajaja, como vivenda de Leprechaun! Ben, ben, estupendo!! Podería funcionar como edificio de moitas plantas tamaño gnomo.
- Si os gnomos suelen ter tamaño gnomo, si.
Ti fas coma quen non te enteras de que estou xogando a quentarte
- E ese burato da cima podería funcionar para... para pasar o cable da luz.
- Aha, podería, podería.
Achégome máis ao teu pescozo facendo que sintas o calor da miña respiración por baixo da túa orella
- Joer, tamos perdendo cartos, tiñamos que montar unha inmobiliaria para gnomos
- Non oh! O que tiñamos que facer é buscar un sitio no que estar espidos non supoña risco de que chamen a policía...
Por fin cedes e te deixas caer rendido a herba
- Buff, e que esa orella pide dente!

Comentarios
Publicar un comentario