Loiro. Nas sabas
atopei un dos seus cabelos. Curtos e loiros. Que me fixo recordala noite
pasada.
Xogabamos a
escapar. El de min, coma sempre. Sempre fuxindo.
Pilleino por fin
e deixouse espir. Coma cando raxas o papel dese regalo que tanto agardaches a
atopar. Pensei en facelo despacio, desfrutando do momento e gardando o maior
número de fotogramas, pero ese pensamento fuxiu tan rápido como o fixera el hai
un anaco.
Enriba del
comecei arrincándolle a camisa, e axudoume a quitalos tenis. Roubeille un bico.
E outro. E entón deixou de fuxir. Que máis daba o tempo, se xa aprendera a
facer que o día tivese 48 horas.
Xuntamos sabas con
roupa interior e arrincamos o vello papel pintado coas uñas. Trememos e esquecémonos
de que en realidade eramos dous vellos amigos descoñecidos.
Tolos. Algúns por
nome e outros por apelido.
Quero unha
visita.
Comentarios
Publicar un comentario