Camiñabamos escondéndonos o un do outro, escapándonos, dándonos bicos
roubados e secuestrándonolas mans de cando en cando. Libres. Tan libres como
nos fixera a lúa. Ninguén nos miraba porque ninguén había. Eramos dous toliños
percorrendo ricóns escuros ós que non chega a luz das farolas.
Acompáñasme a
casa. O camiño fíxosenos curto. Sorrindo chegamos ó portal collidos da man.
- ¿Quéresme?
- Quero!
- Boh! muller, quero dicir si estás namorada de min.
- Quérote! Es un compañeiro de vida, un amigo xenial. Ámote.
- Parva, posme colorado.
- Logo ti non me queres.
- Si, claro, supoño.
Agárrame da cintura e dame un bico nos beizos. Non me retiro.
- Pero eu quero moito a Paula.
- Ninguén che pediu que deixaras de querela.
- Pero o noso non pode ser… teño que serlle fiel.
- Entón quérela menos si me queres a min tamén?
- Non. Pero é miña moza.
- Eu tamén quero moito a Paula. Debe ser unha rapaza xenial, e faite feliz.
- Sí que o é. Pero con ela non fago estas cousas.
- Que cousas?
- O tolo, xogar, percorrelas rúas coma nenos pisando só nas baldosas
brancas.
- Pero fas outras cousas. Todos non somos iguais. Non está ahí o fermoso? En compartir
cousas diferentes con diferentes persoas? E non é mais fermoso aínda si o
facemos sen molestarnos, e con moito amor?
Ai! Cantos límites absurdos!
Tu blog está excelente, me encantaría enlazarte en mis sitios webs. Por mi parte te pediría un enlace hacia mis web y asi beneficiar ambos con mas visitas.
ResponderEliminarme respondes a munekitacat19@hotmail.com
besoss
Emilia
- Entón quérela menos se me queres a min tamén?
ResponderEliminarPensamentos cegadores coma un amencer sen contaminación na atmósfera.
Cando pos límites a amar deixas de amar e pasas a querer. Xa non é infinito senon consumíbel e perecedeiro.
Ámote.
Son os sentimentos os que importan... o nome que lle poñas é prescindibel. Pero gústanme as túas definicións.
ResponderEliminar